Poio celebra a sua primeira Festa da Filloa

Quen podería concibir o noso entroido sen as marabillosas filloas?

Fariña, auga, caldo ou leite, ovos, azucre, e en ocasións enchidas con nata, chocolate ou mel.

Porén, aínda que son moi parecidas, non son crepes. Iso sabemolo moi ben nós, as/os galegas/os, cando, con morriña da terra, propoñemos facer “tarde de filloas”. Entón, os de fóra, sempre preguntan: que é iso, crepes? NON! Que xenreira.

Filloa, feixó, follada, tostón… Como queiras chamala, mais esa é unha das nosas mais apetitosas propiedades gastronómicas. Pequenas ou grandes, finas ou grosas, con azucre ou sen el, enroladas ou estiradas…

O concello de Poio coñece moi ben ao seu pobo, por iso nesta edición de Entroido 2020 propuxo por vez primeira a celebración da Festa da Filloa. Será ela a que inaugure o entroido este venres día 21 de febreiro na Praza do Mosteiro (Poio) de 18:00 a 21:00 horas. Alí ofrecerán degustación gastronómica de balde ademais dunha programación para os pequenos da casa: obradoiros, animación infantil e moita troula!

Vas perder a primeira oportunidade do entroido de probar filloas e divertirte?

Cerrar Comentarios