marzo, 2020

01maralldayXXIII Festa do Lacón con Grelos

Detalles

A XXIII edición da Festa do Lacón con Grelos de Cuntis, declarada como Festa de Interese Turístico de Galicia, celebrarase o día 1 de marzo de 2020 e terá como pregoeiro ao xornalista Xabier Fortes.

Desde o concello avanzaron que nesta ocasión se conservará o número de comensais para garantir a calidade de edicións anteriores. Ademais, como “previa” da celebración, os días 14, 15 e 16 de febreiro, os locais de hostalería de Cuntis ofrecerán tapas co lacón como protagonista na XI edición do Tapalacón.

Non deixes pasar a oportunidade de asistir á festa do Lacón con Grelos convertida en todo un referente social, etnográfico, cultural e artístico para Cuntis e a súa contorna.

Fechas

Todo el día (Domingo)

X