mayo, 2015

13may(may 13)20:0012jun(jun 12)20:00Uxio Novoneyra. Caligramas.

Detalles

No mes das Letras Galegas, queremos recordar a dimensión plástica de un poeta fundamental, Uxío Novoneyra (Parada do Courel, Lugo, 1930 – Santiago de Compostela, 1999), con unha exposición centrada nos “caligramas”, que xunto con as vertentes sonoras do poeta, se expandiron fóra dos lindes da escrita.

A poesía de Novoneyra é unha forma de habitar o mundo dende a acción, a palabra e o pensamento. O poeta, influído polas vangardas, a práctica do gravado, a poesía chinesa, W. Blake e os beats americanos, introduciu a poesía caligráfica na literatura galega. A súa grande paixón pola pintura e a súa amizade con artistas como Carlos Maside, Tino Grandío, Laxeiro e Reimundo Patiño, contribuiron a que esta dimensión plástica ocupara un lugar central na súa produción poética. Unha vertente visual que é ainda un territorio tan fascinante como descoñecido.

En verbas de Novoneyra:
“Entre a escritura e o debuxo, nun principio, non houbo separación, toda escritura veu dun facer signos (…)
Moitas veces por debaixo dos grafismos poño o texto mecanográfico, ou texto composto do grafismo, porque o que eu escribo a man non é para ser lido, é para ser sentido. Quero dicir: sentir a súa estremada tensión gráfica”.

A mostra estará patente ata o 12 de xuño en horario de martes a venres de 17,30 a 20,30h e sábados de 11 a 14h.

Fechas

Mayo 13 (Miércoles) 20:00 - Junio 12 (Viernes) 20:00

Ubicación

Pontevedra

Pontevedra, Galicia

X