marzo, 2020

15marallday25octPonteandadas

Detalles

O proxecto Ponteandadas chega á súa cuarta edición.

Esta iniciativa pretende poñer en valor a paisaxe, fauna, flora e patrimonio do noso concello e fomentar a práctica de actividade física e vida saudable.

Este circuíto estará constituído por cinco andainas e charlas sobre deporte, fisioterapia e alimentación. Os roteiros desenvolveranse entre marzo e outubro, percorrendo varias parroquias do concello de Pontevedra, así como sendeiros do Camiño de Santiago e zonas verdes do centro urbano. O seu itinerario foi diseñado con vista no propósito de inclusión dunha ampla marxe de idades e condicións físicas.

As inscricións permanecen abertas desde o 15 de febreiro. Poderanse formalizar a través do correo electrónico: ponteandadas@gmail.com ou tamén en persoa todos os mércores de 11 a 12 na Casa da Luz (Pontevedra).

MÁIS INFORMACIÓN NO TELÉFONO 625482636 ou AQUÍ

Fechas

Marzo 15 (Domingo) - Octubre 25 (Domingo)

X