marzo, 2018
02mar(mar 2)09:0003(mar 3)20:00Poio Crea 2018
Detalles
Xa chega POIO CREA 2018! A Concellería de Promoción Económica do Concello de Poio organiza para os días 2 e 3 de marzo as xornadas Poio Crea. Dous días para
Detalles
Xa chega POIO CREA 2018!
A Concellería de Promoción Económica do Concello de Poio organiza para os días 2 e 3 de marzo as xornadas Poio Crea. Dous días para compartir experiencias de innovación no emprendemento local. Contaremos con profesionais de diferentes sectores que nos ensinarán a facer posibles as nosas ideas e os nosos proxectos.
O venres 2 de marzo as xornadas desenvolveranse a partir das 10:00h no Restaurante Pepe Vieira ( Camiño da Serpe s/n, Raxó, Poio – Pontevedra) e o sábado 3 de marzo as xornadas desenvolveranse tamén a partir das 10:00h no Centro Cultural Xaime Illa ( Rúa da Igrexa, nº 16, 36992 – RAXÓ)
Anímate a participar de Poio Crea 2018!
PRAZAS LIMITADAS//INSCRICIÓN DE BALDE
Máis información e inscrición no enderezo de correo electrónico promocioneconomica@concellopoio.org ou no número de teléfono 986770001 ext. 1260
Fechas
2 (Viernes) 09:00 - 3 (Sábado) 20:00