diciembre, 2018

30dic19:0021:00Maria Fumaca Musical en Poio

Detalles

Maria Fumaça é un proxecto musical para celebrar a vida. ¡E ven a Poio! Uxía, Sérgio Tannus, Magín Blanco, Isaac Palacín, Tanxarina, Carlos Blanco, noso Ruí, Familia Domínguez Senlle e moitas amigas e amigos viaxan neste tren, o máis divertido que nunca houbo.

Nos seus vagóns, o ambiente é sempre de festa, porque é moita xente cantando e tocando xuntos para nos divertir, e este tren crúzase na vía co do Nadal en Poio, chegando á Estación de Poio o 30 de Decembro no C.C. Xaime Illa cun feixe de bo humor, ledicia, felicidade, cancións-lambonada que sempre lembraremos, ritmos-agarimo, música e diversión pero da boa.

¿A qué agardas? Confirma xa a túa praza para o espectáculo enviando un correo electrónico a leceractivo@concellopoio.gal.

Fechas

(Domingo) 19:00 - 21:00

X