octubre, 2016

28oct21:00Concerto de Xosé Duarte no "Venres do Ateneo"

Detalles

O artista Xosé Duarte será o protagonista do ‘Venres do Ateneo’  a partir das 21:00 horas. Ofrecerá unha velada musical a base de cancións propias e composicións a partir das letras e dos poemas doutros autores galegos contemporáneos.

Por outra banda, o Ateneo Santa Cecilia e a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, coa colaboración do Concello de Marín, organizan este próximo mércores 2 de novembro, a partir das 17:00 horas, o Día da Restauración da Memoria Lingüística co lema “En galego, agora e sempre”. Consistirá na instalación dunha placa conmemorativa no Cemiterio Municipal de Marín dedicada á memoria de todos os defuntos.

Fechas

(Viernes) 21:00

X