diciembre, 2015

12dic17:0021:00Festival de Nadal en Poio

Detalles

O día 12 de decembro (sábado) celebraremos, un ano máis, o Festival de Nadal. A partir das 17.00h. da tarde os/as veciños/as de Poio e os moitos amigos dos que presume este centro social poderán disfrutar dunha tarde coa actuación do coro do centro social que nos achegan as panxoliñas máis tradicionais, sorteos, un animado baile….e tamén degusta-la tradicional rosca que tanto gusta. Tamén este ano de xeito especial tódolos grupos de maiores que son alumnado das clases de memoria prepararon os adornos que engalanan a entrada e o salón do centro social: blondas que recollen arboliños feitos con tubos e papel de regalo. Nesta festa non poden faltar os sorteos: hai xa moitos anos que chegando estas datas, o centro social prepara unha “Cesta” que sortea de balde entre tódolos/as veciños/as maiores de 60 anos e empadronados no concello e que asistan ó festival.
Tamén aproveitarse para amosar o cadro en oleo doado polo veciño D. Faustino Ucha. As papeletas venderanse a 1 euro ( por cinco euros entregaremos sete papeletas) e os fondos que se recauden destinaranse a fins sociais. Este ano os barcos pesqueiros son os protagonistas deste lienzo.
De xeito gratuito, tódolos asistentes á Festa ( maiores de idade) entrarán no sorteo de tres detalles doados polos obradoiros de Cestería , Bisutería e Calceta.
O punto do humor virá da man do dúo local “Maruchi e Purita ” ( pertecentes ó grupo de teatro “Lúa Chea” do cento social ) nesta ocasión algo se lles perdeu nunha estación de tren.
A festa remata con baile, música en directo que ven da man do solista ” Miguel” e por suposto o rico roscon de reis repartirase a tódolos asistentes.
A concelleira da área de benestar social Rosa Fernández González ,que non se perderá este evento, aproveitará para felicitar as festas a todos os asistentes .
A cita é ás 5.00 da tarde no centro social “casa rosada”.

Fechas

(Sábado) 17:00 - 21:00

Ubicación

Casa Rosada Poio

calle Domingo Fontan

X