Concello de Poio


Contactar con Concello de Poio

Praza do Mosteiro, 1
36994 Poio Pontevedra
986 770 001
alcaldia@concellopoio.gal
http://www.concellopoio.gal/

+ Información sobre Concello de Poio

Dirección: Praza do Mosteiro, 1
Localidad: 36994 Poio Pontevedra
Teléfono: 986 770 001
e-mail: alcaldia@concellopoio.gal
Actividad: Ayuntamientos
          

Concello de Poio

O Concello de Poio está situado no corazón das Rías Baixas con mais de 16.800 habitantes.

Recoñecido como municipio de interese turístico dende o ano 2000. Conta entre os seus numerosos atractivos a vila mariñeira de Combarro e o Mosteiro de San Xoán de Poio, dous dos recursos turísticos máis visitados no municipio.

Pódese desfrutar de conxuntos prehistóricos ó aire libre pertencentes a Idade de Bronce, facer senderismo a través dunha paisaxe salpicada de antigos muíños, visitar a Casa Museo de Colón, pasear polo Parque da Memoria creado polo Premio Nobel da Paz Adolfo Pérez Esquivel e todo iso rodeado de máis de 20 kilómetros de costa bañados por praias e calas de fina area.

As súas xentes, a cultura, a súa gastronomía, a paisaxe, as áreas recreativas e deportivas, as festas, a Illa de Tambo, os seus portos pesqueiros e deportivo, os recursos naturais, …. fan de Poio un concello dinámico e diverso, economicamente sostible, pensado para todos, dende os mais cativos aos mais maiores. Un municipio especialmente atractivo para visitar e votar raíces.

Donde está Concello de Poio


VALÓRENOS

PRECIO
LOCALIZACIÓN
ATENCIÓN
SERVICIOS
CALIDAD