CALDAS A PROL DO GALEGO

O Concello de Caldas de Reis aposta un ano máis pola decoración vistosa e colorida para dinamizar a actividade comercial, empresarial, turística e lingüística, cunha campaña que poucos concellos levan a cabo con tantos obxectivos:

Esta campaña "decorativa" vai da man dunha campaña de reforzo de vendas no comercio local do 15/04 ao 15/05, con sinalización corporativa e premios directos de 60 euros para gastar no comercio local: só en premios hai 1.500 euros.

Ademáis, a campaña "Caldas move ficha a prol do galego" promove o uso do galego ao incitar á xente a mercar no idioma e así fomentar o seu uso nos ámbitos más cotiáns.

Esta campaña atrae ao turismo, promociona Caldas e tamén permite aos nenos xogar na rúa buscando pisar as figuras do chan, é dicir, un parque infantil polas rúas empedradas de Caldas.

Visita Caldas, compra, fai fotos e súbeas ás redes, ven relaxarte ou xoga coas figuras do chan, porque CALDAS VIVE
Cerrar Comentarios